
A Nosa Historia
Tras un longo período sen actividade de rondallas na Real Vila de Mugardos, e grazas ao entusiasmo dun grupo formado por simpatizantes e antigos compoñentes da Asociación Artística “Trovo del Alba”, extinguida no ano 1976, constitúese en 1990 a “Rondalla Mugardesa” coa finalidade de rescatar a tradición que dende moi antigo existe en Ferrol e comarca, onde Mugardos tivo sempre unha destacada presenza. Cabe sinalar que a primeira rondalla formada na Vila “Náufragos de Mugardos” data do ano 1912.
​
Dende entón participa en tódolos actos de Ferrol e comarca en que se conmemora a Festa das Pepitas e tradicionalmente ronda as rúas da Real Vila durante a tarde- noite da víspera ata o mediodía do día de San Xosé, prestándolle unha atención especial á Muller mugardesa.
​
Participa anualmente no Certame de Rondallas que organiza o Concello de Mugardos, que concentra a tódalas agrupacións de Ferrol e bisbarra no peirao da Vila para logo percorrer as rúas ate o Casino Mugardés, onde interpretan todo tipo de cancións, vivíndose unha xornada de convivencia entre todo los membros das agrupacións.
​
Ademais dos temas propios de “Pepitas” (Pasarrúas, valses, danzas), posúe un amplo repertorio de cancións (habaneras, boleros, folklore, cancións do mundo, panxoliñas e temas Galegos), tendo actuado no ámbito da provincia da Coruña e noutras localidades galegas como Vigo, Tui, etc.
​
Dende a súa fundación, recibe a colaboración da Aula de Cultura do Concello de Mugardos, Industriais da Vila, Hostelería e particulares.
​
A agrupación conta cunha escola de punteo onde se forman instrumentistas, sendo esta escola totalmente gratuita e con disposicíón préstamo de instrumentos cedidos pola propia rondalla.
​
Na actualidade, a agrupación que preside D. Xosé Antón Bouza Rei está formada por 42 compoñentes entre voces e instrumentistas, sendo o seu director D. Francisco Javier Sancho Ribero.
​
Continúase como cada ano coa tradición de darlle un título á rondalla. A deste ano leva por título: Sueños.
​
A madriña deste ano 2025 é Dna. Rosa Varela Varela